Os concellos que máis sufriron foron As Neves, Nigrán ou incluso Vigo. No caso de As Neves, os incendios destruiron practicamente na súa totalidade os bosques atlánticos rebosantes de vida, dos que se caracterizaba este concello. En Nigrán, temos que lamentar a perda de dúas vidas humanas. A peor parte neste concello levouna Chandebrito, parroquia limítrofe con Vigo.
Como xa comentei, a miña querida cidade foi atacada na súa maior vulnerabilidad: a súa fermosura. Con palabras textuais do meu tío, que frecuentaba os montes vigueses para relaxarse despois do traballo ou nas fines de semana, quero expresar o desacougo que sentimos os vigueses ao saber que os nosos montes, coas mellores vistas ao noso mar e a toda a nosa contorna natural, foron destruídos: "Non quero ir ao Cepudo, porque sei que se vou, vou chorar". Ademais da perda natural, moitas persoas destes concellos perderon todo o que tiñan. A súa casa, os seus almacéns, o seu traballo de toda a vida tirada ao lixo.
O único bo que sacaron os incendios é o espírito de axuda e colaboración que nos caracteriza aos galegos. Nesa noite, milleiros de persoas saíron ás rúas a axudar con todos os medios que tiñan para salvar todo canto puidesen. E non, o lume non lles deu medo.
Mañá fai un mes desta noite tráxica; a peor oleada de lumes dende 2006 cando houbo máis de 1600 lumes en cuestión de mes e medio. Agora toca a tarea máis importante, devolver a beleza a estas paraxes naturais.
A natureza vai ligada á nosa cultura, ao noso sentimento galego. Por cada hectárea que se quema estamos perdendo un anaco da nosa identidade galega. Que lles deixaremos aos nosos descendentes? Queremos abandonar ao noso país? Galicia é pura natureza. Nós debemos todo o que somos e todo o que temos, precisamente á natureza.
Agora toca, como xa dixen recuperar a beleza dos nosos montes, e non deixemos que algo como esto volva a suceder XAMAIS. Concienciemos e apreciemos o valor incalculable da nosa natureza. Eduquemos aos nosos descendentes dende o respecto á natureza, e devolvámoslle á natureza todo o que nos deu.
Estou desexando volver a ver esa asombrosa vista das Cíes dende o Cepudo, ou deixarme abraiar de novo por unha choiva de estrelas entre a natureza que nos fai ser, a todos nós, galegos.
Imaxe Cepudo: https://www.panoramio.com/user/10647?photo_page=393
No hay comentarios:
Publicar un comentario